A Viaxe de Saira é unha producción conxunta de e cofinanciada coa liña de Axudas de «O teu Xacobeo».

A Viaxe de Saira nace coa idea de levar á escena un espectáculo de teatro musical participativo, dirixido a un público infantil e familiar con ambientación medieval e relacionado co camiño de Santiago.
Na proposta aúnanse diferentes recursos (musicais, plásticos, lingüísticos e corporais) nun ambicioso proxecto, onde a idea da innovación artística nos alenta a unha constante investigación para un teatro con espazo para distintos estilos escénicos.

Trátase dunha montaxe escénica de ambientación medieval sobre o Camiño de Santiago desde Francia a Compostela cun elenco de actores, titiriteiros e músicos, ademais de colaboracións das agrupacións folclóricas propias dos diferentes lugares nos que se realicen as representacións tratando de simbolizar, en cada espazo, unha microgalicia na que se impliquen diferentes axentes sociais e culturais da contorna.

Cóntase a historia de Saira, unha rapaza francesa que viaxa a Galicia para curar o corazón de pedra da súa familia. A viaxe faina xunto con unha gárgola máxica destinada á Catedral de Compostela. Unha viaxe que da comezo en Saint Jean Pied de Port e remata en Santiago, con lendas e personaxes propios do camiño e na que destaca o carácter que imprime Galicia dentro do mesmo: máscaras do entroido, danzas, gastronomía e música propia que viaxan por Europa ao longo da Historia.

A Viaxe de Saira conta co seguinte elenco de artistas:

Actriz e Titiriteira: Celtia Figueiras

Actor e Titiriteiro: Borja Insua

Dirección e traballo escénico: Topo Vidal

Músicos: Pablo Sanmamed, Lois Prado e Cayetano Amenábar

Colabora: Brincadeira, grupo de baile e música tradicionais