A Viaxe de Saira é unha produción conxunta de , , e ,e cofinanciada coa liña de Axudas de «O teu Xacobeo».

A Viaxe de Saira nace coa idea de levar á escena un espectáculo de teatro musical participativo, dirixido a un público infantil e familiar con ambientación medieval e relacionado co Camiño de Santiago.
Na proposta aúnanse diferentes recursos (musicais, plásticos, lingüísticos e corporais) nun ambicioso proxecto, onde a idea da innovación artística nos alenta a unha constante investigación para un teatro con espazo para distintos estilos escénicos.

Trátase dunha montaxe escénica de ambientación medieval sobre o Camiño de Santiago desde Francia a Compostela cun elenco de actores, titiriteiros e músicos.

Cóntase a historia de Saira, unha rapaza francesa que viaxa a Galicia para curar o corazón de pedra da súa familia. A viaxe faina xunto con unha gárgola máxica destinada á Catedral de Compostela. Unha viaxe que da comezo en Saint Jean Pied de Port e remata en Santiago, con lendas e personaxes propios do camiño e na que destaca o carácter que imprime Galicia dentro do mesmo: máscaras do entroido, danzas, gastronomía e música propia que viaxan por Europa ao longo da Historia.

Saira, «viaxeira» en francés, vai descubrindo polo Camiño a gran riqueza artística e humana que se está a consolidar en esa época. Ambientada no S.XII por ser coñecida como a época de ouro das peregrinacións e momento no que Santiago se consolida como centro de peregrinacións internacional.

A Viaxe de Saira conta co seguinte elenco de artistas:

Elenco

Celtia Figueiras: Saira

Borja Ínsua: Titiriteiro e actor

Topo Vidal: Manipulación gárgola e actor

Músicos

Lois Prado

Caetano Amenábar

Dirección de actores

Topo Vidal

Dirección de títeres

Borja Ínsua

Asesor musical

Pablo Pérez Sanmamed

Composición de Espazo Sonoro

Lois Prado

Escenografía e construcción títeres

Producións teatrais Alakrán

Robótica Gárgola

Carlos Torres

Deseño de iluminación

Octavio Más